Bo día, hoxe terminei de recoller as fichas que tiñan que vir correxidas , despois de que eu llas devolvera tras dicirlles que estaban mal e volver correxir na pizarra o presente e o presente continuo. E tras ver que aínda dubidaban, na finde fixen 2 fichas interactivas, que colguei na páxina web www.liveworksheet.com. De pronomes e presente simple do verbo to be. A próxima finde farei o s das 3ª persoa singular e o presente continuo. Moita foi a miña sorpresa e decepción ao ver que a maioría non correxiu NADA , pero, aínda maior cando, ao ver que había nen@s que non se metían no ordenador e non repasaban eses contidos, conceptos, que xa tiñan que ter adquiridos en anos anteriores; houbo pais/nais que protestaron. Entón aclaro: 1.- Ninguén está obrigado nin a entrar no blog nin facer as fichas interactivas; así como eu tampouco estou obrigada a volver dar contidos que se dan por sabidos. 2- Que alguén me explique, por favor, que facer cando @s rapaces/zas ...