Bo día, hoxe terminei de recoller as fichas que tiñan que vir correxidas , despois de que eu llas devolvera tras dicirlles que estaban mal e volver correxir na pizarra o presente e o presente continuo.
E tras ver que aínda dubidaban, na finde fixen 2 fichas interactivas, que colguei na páxina web www.liveworksheet.com. De pronomes e presente simple do verbo to be. A próxima finde farei o s das 3ª persoa singular e o presente continuo.
Moita foi a miña sorpresa e decepción ao ver que a maioría non correxiu NADA , pero, aínda maior cando, ao ver que había nen@s que non se metían no ordenador e non repasaban eses contidos, conceptos, que xa tiñan que ter adquiridos en anos anteriores; houbo pais/nais que protestaron.
Entón aclaro:
1.- Ninguén está obrigado nin a entrar no blog nin facer as fichas interactivas; así como eu tampouco estou obrigada a volver dar contidos que se dan por sabidos.
2- Que alguén me explique, por favor, que facer cando @s rapaces/zas nin fan nin corrixen o que hai que facer na clase.
Está claro que o meu alumnado, se quere porse ao día do que se debería saber en 4ºEPO en inglés necesita un apoio na casa; non dos contidos, pero si de ver se se traballa ou non.
Claro que sempre queda a posibilidade de ceñirme aos contidos propios de 4º, ao libro e ao activity, sen fichas nin contidos extra do anterior.
Neste blogue, pódense facer comentarios, pois é a forma de comunicación, ademáis das axendas de clase.
Atentamente
Luz del Mar
profesora de inglés.
Ola, Luz.
ResponderEliminarPor favor, pódesme facilitar o q fixestes hoxe?
En 2º repasamos porque o test é o venres ( Fixemos as fichas interactivas na clase)
EliminarEn 4º estamos no Activity, pages 11, 12... Espera que publico e explico o que fixemos.
Vale, grazas.
EliminarÉ de 4B
Marcos, Martina?
ResponderEliminarVega
ResponderEliminar