October

       Introducción - presentación 

O primeiro é ter claro que este ano, tanto en 2º, coma en 4º ; tentarei que @s nen@s se poñen  ao día no seu nivel.

           1- Cunha aprendizaxe tanto académica como lúdica: mezclar aprendizaxes básicas to be, numbers...na escrita e na oral con fichas, cancións...

          2- En caso de pasar dunha aprendizaxe presencial a outra:

                2.1. Ao ter os libros de forma dixital non sería dificil seguilos.

                2.2. Poderíamos seguir coas dubídas nunha clases online

                2.3. Os contidos serían reforzados con fichas interactivas, vídeos, titoriales...

           Polo que non quero ver, oir...alumnad@ pensando vanme pedir o que non sei, porque iso non vai ser así; tentarei ir, despacito, procurando que se acaden os mínimos necesarios, en cada nivel, para que cando pasen de nivel teñan adquiridos os do nivel anterior.

           Creo que o mellor na adquisición de calquera lingua é a aprendizaxe simultánea tanto na parte escrita como na parte oral, para que non haxa un desfase e dende o principio se saiba que unha palabra pódese dicir dun xeito aínda que se ten que escribir de outro.

          Sei que hai pais/nais preocupados pola base académica d@s seus fill@s, pero so podo dicir a iso que, ás veces si adiantamos contidos, despois o alumnado non presta atención na clase; pero si podemos reforzar o que se esta a facer, de aí a razón deste blog.

         A resposta a que fan @s nen@s  nas clases é clara: vou seguir os contidos que marcan os libros de texto escollidos,o que significa que si alguén falta, so ten que preguntar que fixemos e porse ao día na casa, co feito na clase ese día. Ou mirar neste blogue, onde irei indicando o que fixemos ou imos facer cada día.

     Calquera dúbida, aclaración...teredes tanto este blogue como o cuaderniño, onde me podedes preguntar e eu aclararei calquera dúbida.

     O meu obxectivo neste curso, como dixen, e afianzar contidos c@s vos@s fill@s, e non é necesario que os seus pais, nais...saiban inglés, porque serán @s alumn@s os que deberán saber, cun aprendizaxe na clase os contidos que se lles van solicitar.

                 Non dubidedes en facerme chegar as vosas inquedanzas.

Comentarios

  1. Hola Profe, sou madre del Manoel Mendonça y El esta con bastante dificultades para aprender inglés. Yo no se como ayudar. Contó con vosotros.
    Hasta luego

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

To have got